Aprender dos muíños

Aprender dos muíños
10 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O colexio Os Casais de Maniños opta ao Concurso Somos Rural instituído pola Federación de Anpas de Galicia cun proxecto dedicado aos Muíños. O alumnado do centro educativo fixo un importante traballo para coñecer os muíños de Fene. Bruno Lópes membro da Anpa dos Casais e a profesora María Xosé Vila, coordinadora do proxecto e da Biblioteca do CEIP Os Casais falaron do proxecto sobre esta parte fundamental do noso patrimonio que estudou polo alumnado do CEIP Os Casais.

ESCOITA O PODCAST:

A comunidade educativa dos Casais de Maniños estuda os muíños. Sobre eles trata o proxecto co que compiten este ano no Concurso Somos Rural da Federación de Anpas de Galicia. Fixeron un vídeo e seleccionaron dez fotografías para presentar ao concurso. Ademais, realizaron actividades complementarias, como unha visita guiada aos muíños de Xubia ou unha charla de dúas bisavoas. Aprenderon do pasado recollendo información sobre como era a vida e a gran importancia que tiveron os muíños na nosa historia O alumnado dos Casais xa gañou o premio  Somos Rural en dúas ocasións con traballos sobre O Legado Indiano e os Hórreos. O fallo desta cuarta edición coñecerase na gala na que se entregarán os galardóns, o día 29 de maio, ás 17 horas, en Santiago de Compostela.

Sociedade

Publica o teu comentario agora