ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene dá a benvida ao alumado – traballador do Obradoiro Inicia VIII. Un total de 16 mozas e mozos participarán no Obradoiro de Emprego de Fabricación e Montaxe de Instalacións de Tubaxe Industrial. Terá unha duración dun ano e contarán con un contrato en formación cunha retribución equivalente ao salario mínimo interprofesional.
O Concello de Fene acolleu esta mañá a recepción oficial do alumnado – traballador do Obradoiro Inicia VIII. O acto, presidido polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, incluíu a sinatura dos contratos do programa. Durante un ano, 14 mozos e 2 mozas adquirirán formación e experiencia laboral nun sector de alta demanda na comarca. 10 proceden de Fene, 5 de Mugardos e 1 de Ares.
Juventino Trigo, alcalde de Fene, deulles a benvida e destacou que “Este obradoiro é unha gran oportunidade para a mocidade do noso concello e da comarca, porque lles permitirá obter un certificado de profesionalidade que abre as portas a novos empregos nun sector que está en pleno auxe”. Tamén puxo en valor o compromiso do goberno local coa formación e o emprego, subliñando a alta taxa de inserción laboral que ten este programa. “Varios dos alumnos e alumnas da pasada edición xa asináronos seus primeiros contratos laborais grazas á formación recibida”.
Publica o teu comentario agora