ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Escoitar. É a principal aprendizaxe que obtivo Isabel España nos meses que leva participando no programa Indira que ofrecen os Servizos Sociais ás mulleres fenesas, do que falamos con ela e coa coordinadora do departamento de Benestar e Igualdade do Concello de Fene, Pilar Couce.
Isabel incorporouse en outubro ás sesións de Indira. Sumouse ao coñecelo polos Servizos Sociais. Levaba pouco tempo vivindo en Fene e non tiña amizades aquí. Foi moi ben acollida no grupo e agora está desexando que sexa mércores para acudir a este espazo de mulleres que se reúne cada semana, os mércores de dez a doce. O que se traballa nel principalmente é o auto-coñecemento, explicou a coordinadora do departamento de Benestar e Igualdade do Concello de Fene, Pilar Couce.
Publica o teu comentario agora