ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A estudar tamén se pode aprender. Na recta final do curso escolar e tamén pensando na preparación das probas de acceso á Universidade, pedimos consello sobre técnicas de estudo a Iago Barros, de Baker Street.

Ensinan técnicas de estudo a adolescentes, alumnado de ESO e Bacharelato. Baker Street non é unha academia nin dá pasantías. Os contidos que ofrecen son a aprendizaxe de ferramentas útiles para estudar. Dan formación telemática e teñen un cento de alumnos e alumnas de distintos puntos de España, algúns deles con necesidades especiais como dislexia ou discalculia. Coller o libro para ler e reler non é a mellor idea “está demostrado que é unha das técnicas menos eficaces”. Cales son eficaces daquela? “non hai unha única, cada quen ten a súa forma de procesar a información, ten que buscar a ferramenta que mellor se adapta, subliñado, esquemas, pomodoros -facer pausas entre pequenas sesións de estudo…”, apunta Iago.
Publica o teu comentario agora