Aprender xogando

Aprender xogando
10 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hai xogos para que as crianzas avancen na aprendizaxe do vocabulario ou nas matemáticas. Juanma Sánchez, da tenda Cáprica recomendounos dous. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Enlaza letras” e “Ladrón Torpón” son dous xogos didácticos. No primeiro os xogadores teñen que formar palabras e co segundo a cativada divírtese practicando sumas. Juanma contou que, malia o que poida parecer no caso das matemáticas, nenos e nenas pásano ben aprendendo con estes xogos.

Xogar na granxa

Para a fin de semana, o sábado pola tarde propoñen participar no xogo de mesa Agrícola. Consiste en levar a xestión dunha granxa. 

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora