Aprendices de Robin Hood no Insúa Bermúdez de Vilalba

Aprendices de Robin Hood no Insúa Bermúdez de Vilalba

05 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Club de Arqueiros da Chaira presentouse hoxe na Casa da Cultura de Vilalba co obxectivo de promocionar o tiro con arco entre todos os veciños da comarca. O club, que conta con 17 socios na actualidade, formouse fai uns meses a partir dunha das actividades programadas desde o Concello para as fins de semana do ano pasado. Esta asociación desenrola esta disciplina deportiva os sábados pola tarde no Pavillón Insúa Bermúdez da capital chairega. A media de idad

O concelleiro de deportes, Jesús Bermúdez, recoñeceu que coa formación deste club se cumpriron dous obxectivos. Por una lado “que se consolidase unha actividade diferente procedente da oferta do Concello” e pola outra “a posibilidade de que se transformase nunha escola deportiva para o curso que ven, o 2009-2010”. Para cumprir con este último desexo, anunciou a intención de varios membros do club de obter o título de monitor de tiro con arco, para que puidesen dar formación a aqueles que se quixesen apuntar nesta escola para o ano que ven.

“O Concello ten interese en que sexan os propios membros do club os que poidan dar as clases desta disciplina se se converte en escola deportiva para o ano que ven. Sen desprezar á xente que ven de fóra, penso que sería positivo que fose xente de aquí a que impartise o curso, porque é xente coñecida e que pode informar mellor aos veciños desta modalidade deportiva”, admitiu Bermúdez.

Pola súa banda, un dos responsables do club, Eduardo Navarro, convidou a todos os interesados a probar este deporte e a acudir os sábados pola tarde ao pavillón Insúa Bermúdez para tirar con eles, xa que dispoñen de tres equipos de iniciación para os non iniciados. Navarro tamén indicou que en breve cambiarán de lugar, xa que se desprazaran ao exterior, posiblemente ás instalacións do campo de terra de A Magdalena, onde xa tiraron o ano pasado.

Desde o Club de Arqueiros da Chaira indicaron que esta disciplina é ideal para potenciar a concentración, a destreza e a puntería, ademais de ser boa para persoas que teñan unha minusvalía que lles impida facer deportes mais convencionais. Segundo indicou Navarro, non é un deporte que requira moito tempo de aprendizaxe, xa que en “un día ou dous”, pódese estar tirando e “colocar a frecha no parapeto”. “Este é un deporte técnico, o principal é coller a técnica de apertura e despois hai que buscar a potencia necesaria e ter algo de vista e puntería”, dixo Eduardo Navarro.

Deportes