ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un grupo de 9 alumnas do grao en Relacións Internacionais, titulación que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, participa, ao longo de toda esta semana, nun Programa Intensivo Combinado (BIP) que organiza a IA Bretagne Sud da Universitè Bretagne Sud (Francia), en colaboración coa Univerzita Mateja Bela v Banskej Bystrici (Eslovaquia) e máis coa Universidade da Coruña (España).
Os programas Erasmus+ BIPs inclúen unha aprendizaxe baseada en desafíos onde os equipos transnacionais de estudantes traballan de forma conxunta para abordar unha serie de retos ou proxectos, neste caso concreto, centrados na responsabilidade territorial das empresas e na xestión sostible das organizacións baixo a titorización, no caso do alumnado da Universidade da Coruña, do coordinador do grao en Relacións Internacionais, Félix Puime.
Co apoio do profesorado das tres universidades participantes, os alumnos e alumnas traballan en equipo de forma colaborativa, combinando un período de traballo en liña xunto cun período de traballo presencial no que todo o estudantado se traslada ao país da universidade organizadora para unha mobilidade curta, normalmente dunha semana de duración.
Publica o teu comentario agora