ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Unha imaxe de Alexandre Bóveda levantando o estatuto galego, preside o mural de “Pinta pasado, crea futuro” no campo da festa de Fene. A torre de Hércules como luz de esperanza e unha mariñeira cunha buceta representando ás mulleres das vítimas do franquismo, son outras iconas representadas no deseño colectivo.
“A aprendizaxe da historia leva a un bó paradoiro, e importante é o proceso participativo onde a rapazada recolleu as nocións que se impartiron nas diferentes sesións para logo plasmalo coas súas ideas neste mural” manifestou o profesor da Universidade de Montana John Thompson. “Iniciativas similares debían de levarse aos colexios e a institutos, é outro xeito de aprender historia, máis divertido e participativo” salientou unha das xoves participantes Aitana. “Todos os deseños decidironse de xeito asembleario, foi un traballo en equipo, despois de discusións e conversas, en contra do traballo do artista que soe ser individual e solitario” suliñou a licenciada en Belas Artes Laura Bouza. O mural de Pinta pasado, crea futuro inagurarase cun acto arredor da recuperación da memoria histórica. Terá lugar o venres vintenove ás oito da tarde na Casa da Cultura de Fene.