ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Aprobado alto para a Piruchela. Esa é a calificación que o artesán construtor de cabezudas e cabezudos de Lalín Luchy Iglesias lle outorga ao colectivo organizador do I Encontro de Xigantes e Cabezudas que o pasado sábado se celebrou en Neda.

Luchy inaugurou o Encontro cun pregón que mesturou retranca - con citas a Álvaro Cunqueiro- e o aprecio pola organización do evento]. O lalinense valorou positivamente o debut da iniciativa, destacando a colaboración entre localidades. De Lalín viñeron a Neda, Don Cocho, os “'Papamoscas” do Pazo de Liñares, a Sardiñeira,o Ferroviario e o Xibeiro da Asociación Veciñal e Cultural O Redondelo de Botos. Tamén participaron os mómaros de Pontedeume e cabezudas de Betanzos, Caranza e Nigrán.
Fotografía Xan Xe
Imaxe de Luchy Iglesias pronunciando o pregón no I Encontro de Xigantes e Cabezudas de Neda. Sábado 6 de xuño de 2026
Publica o teu comentario agora