Aproban a adxudicación de parcelas de Chorente e os festivos locais para o 2010

Aproban a adxudicación de parcelas de Chorente e os festivos locais para o 2010

02 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A corporación de Allariz, reunida en pleno o pasado venres, aprobabou a adxudicación dun novo lote de parcelas do parque empresarial de Chorente, a un prezo de 45 euros o metro cadrado. Ademais de aprobar unha subida correspondente ao IPC na taxa de saneamento e do 5% na de abastecemento de augas. Acordáronse tamén os festivos locais que en conforme con asociacións, entidades e c

A unanimidade reinou na moción presentada polo BNG instando á Xunta de Galicia o mantemento das previsións orzamentarias para a execución da variante de Allariz e o Val da Rabeda para o ano 2010. A moción foi aprobada por unanimidade polos tres grupos políticos , xa que segundo apuntaba o alcalde “trátase de dúas actuación estratéxicas para o desenvolvemento económico do concello” O rexedor Francisco García agradecía o respaldo do grupos popular e socialista.

Finalmente, foron presentadas polo Partido Popular varias mocións que foron rexeitadas cos votos do BNG e PSOE contra a subida de impostos do Goberno, sobre o financiamento local e sobre o fondo estatal de investimento municipal.

Sociedade