ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A evolución do Perlío B está sendo positiva nesta segunda volta. Foi quen de plantarlle cara ao líder no seu terreo de xogo ata case o remate do partido. Almeiras 1-0 Perlío B. Tiven que felicitar ao equipo, comenta o adestrador Gonzalo Beceiro tralo partido deste domingo correspondente á Terceira Futgal.
“A pesar de ser unha derrota tiven que felicitalos pola entrega e o sacrificio”, recoñece o míster do Perlío B. “Vemos a evolución que está tendo o equipo, antes perdíamos con máis facilidade e encaixábamos máis goles agora estamos a ter outra dinámica que nos está favorecendo”, indica. Logo de perder nos últimos minutos contra o líder fóra, Beceiro ponlle boa nota ao seu equipo. “De ben a moi ben”.
Publica o teu comentario agora