Aproveitar o tempo libre

Aproveitar o tempo libre
15 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

É recomendable aproveitar o tempo libre para facer exercicio, segundo explicou en Radio Fene o psicólogo José Barcia Tuccelli. Debullou técnicas e propostas concretar para iniciar e manter a actividade física máis alá dos comezos do curso escolar.

ESCOITA O PODCAST:

José Barcia Tuccelli fala de aproveitar o tempo libre para a actividade física:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/110925BARCIA.mp3

Foto César Galdo

Non teño tempo, a escusa máis común para non facer exercicio. A maioría das persoas sedentarias sinala a falta de tempo como o seu principal impedimento para facer exercicio, pero un novo enfoque científico propón unha solución. O tempo é un factor complexo pero temos certo poder para axustalo ao noso favor. As ideas concretas pasan por aproveitar os pequenos ocos, integrar o exercicio na rutina diaria, priorizar e planificar o tempo activo, facer do exercicio un momento de disfroite e usar o fin de semana ao seu favor.

 

Imaxe do torneo de volei en San Sadurniño. 2024

Foto César Galdo

Sociedade

Publica o teu comentario agora