ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene non quere que ninguén quede atrás. Organiza un novo curso, en colaboración coa asociación Cibervoluntarios para dar formación en competencias dixitais á poboación que supera os 55 anos. Presentou a iniciativa en Radio Fene Pilar Couce, coordinadora da área municipal de Benestar e Igualdade.

Contra a fenda dixital. A vindeira semana vaise impartir o novo curso organizado polo Concello en colaboración coa asociación Cibervoluntarios. As sesións do curso Expertclick terán lugar o luns dia 14 e o mércores 16. Serán na Casa da Cultura entre as cinco e as sete da tarde. O obxectivo é facilitar ás persoas asistentes a posibilidade de adquirir habilidades dixitais relacionadas co máis básico o uso das aplicacións do móbil para facer videochamadas, usar a banca online, citas médicas, xestión de redes sociais e tamén se dará resposta a calquera curiosidade das persoas usuarias, segundo explicou a coordinadora da área de Benestar, Pilar Couce.
Publica o teu comentario agora