Aquí me tedes, con vistas á ría

Aquí me tedes, con vistas á ría
18 de Marzo, 2021 - 12:36 h. | Publicada por Radio Fene

Aquí me tedes, sentado neste banco con vistas á ría. Todo o mundo busca a sombra pero a min encántame a calor do sol, máis neste mes de marzo, saíndo como estamos do inverno. Encántame vir aquí a esta hora da tarde, cando a xente anda ocupada no xantar e o paseo está despexado. Dende este banco miro o ir e vir das gaivotas e das lanchas que andan ás ameixas na zona das Pías.

ESCOITA O PODCAST:

Leo, na voz de Carlos Aguado

http://173.255.131.18/audio/180321GATO.mp3

Leo, un gato en San Valentín. Fotografía: Maite Martinez

Desde aquí vexo a ponte e, por suposto, a grúa pórtico de Astano que pintaron de verde, non me preguntedes porqué. Paso un bo anaco de tempo aquí, tranquilo, como os xubilados deste barrio que son bastantes. Xubilados do naval porque este barrio fíxose para eles hai 50 anos.

 

 

 

Leo, un gato en San Valentín. Fotografía: Maite Martinez

Sociedade

Publica o teu comentario agora