Araguas lerá o pregón da Feira do libro de Ferrol

Araguas lerá o pregón da Feira do libro de Ferrol

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O ex ministro de Cultura César Antonio Molina acude, como escritor que é, á Feira do Libro de Ferrol que se celebra entre o mércores e o domingo da semana que ven. A presencia da escritora Rosa Regás no Cantón de Molíns é outro reclamo desta XXI edición como o seu pregoeiro, Vicente Araguas. 

Xa se coñece que o escritor nedense, Vicente Araguas, será o pregoeiro este ano. Coincide que Araguas acaba de publicar un libro de relatos no que retrata a persoaxes de Neda, a sua vila natal. O libro, editado por Xerais, titulase precisamente “Xuvia-Neda”e váino presentar na feira ferrolana, nun orixinal acto, acompañado do músico Roger de Flor, ao que o une unha estreita amizade. No último Felipop, Araguas non se perdeu en Limodre a actuación do cantautor fenés.

As casetas abrirán no Cantón de Molíns, escenario da feira nos ultimos anos, pero tamén a Fundación Caixa Galicia ou o Teatro Jofre acollerán actividades realacionadas coa "Festa da Palabra" tal e como  denomina o concello ferrolán á cita cos libros.  

Sociedade