Ardora

Ardora
10 de Marzo, 2023 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

O batería fenés, Miguel Lamas, ven de publicar o seu novo traballo titulado ‘30’ onde fusiona a música tradicional galega con ritmos africanos e brasileiros e nace unha banda que leva por nome Ardora. Escoita aquí a entrevista con Susana Falcón no programa Sons de Nós.

ESCOITA O PODCAST:

Entre os músicos que forman parte deste proxecto están o brasileiro Jurandir Santana, o chileno Jorge Vera ou o cubano Dany Noel. Destacan as voces do coruñés Xabier Díaz e da madrileña Irene de Lema. Limiñoa, Aluméame ou Dalle que libras son algúns dos temas que podemos escoitar nun disco que naceu na pandemia e agora ve a luz. Miguel Lamas fala no Sons de Nós de Radiofusión da súa música, a súa verdadeira paixón dende que naceu.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora