Ares contra o cancro

Ares contra o cancro
03 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ares en marcha contra o cancro. Falamos do calendario de actividades para recadar fondos destinados á investigación da enfermidade coa presidenta da Asociación contra o Cancro de Ares, María Riveiros.

ESCOITA O PODCAST:

“Non nos podemos queixar, a xente do pobo, a de fóra, os comercios e o Concello todos colaboran”, agradece María Riveiros. A xunta local da AECC de Ares organiza unha cuestación nas rúas este domingo, día 5, e tamén instalarán un posto no mercadiño veciñal. Para o domingo día 12 de xullo teñen previsto realizar unha Andaina solidaria. Sairá ás 11h da praia do Xuncal, cun percorrido moi accesible. Prezo: 5 euros no caso de persoas adultas, 3 euros para nenos e nenas ata 12 anos. Tamén se pode colaborar adquirindo o Dorsal Solidario. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora