Ares en marcha contra o cancro

Ares en marcha contra o cancro
21 de Xullo, 2025 - 11:15 h. | Publicada por Radio Fene

Unha nova edición da Andaina Solidaria “Ares en marcha contra o cancro”, que promove a agrupación local da Asociación española contra o cancro, terá lugar o vindeiro domingo 27 de xullo no Concello de Ares. 

Nesta terceira edición desta Andaina “Ares en marcha contra o cancro” as organizadoras da xornada teñen unhas altas expectativas de participación, no último reconto había xa máis de 100 inscricións para a xornada e agardan que durante estes días previos suba o número de persoas participantes.

O percorrido iniciarase ás 11,00 horas na praia do Xuncal e, ao longo de 6 km, pasará polo paseo marítimo, Poellas, a Praia de Centeas a Praia da Barrosa para rematar no paseo marítimo. Esta andaina está prevista para que poida participar todo tipo de público.

A Agrupación local da AELC ten abertas distintas canles para a inscrición - Ópticas Noroeste, Kiosco de Emma, Floristería Real, Peluquería Roel ou no Edificio de Servizos Sociais do Concello de Ares – así como na propia web do evento. As persoas participantes deberán aboar unha cota de inscrición de 5€ no caso das persoas adultas e de 3€ para nenos e nenas ata 12 anos de idade. 

Ábrese ademais un xeito de colaboración solidaria coa actividade en caso de non poder participar en persoa e é que a entidade ten previsto que, aquelas persoas que queiran aportar a súa achega económica, poidan adquirir un Dorsal Solidario na súa páxina web, abrindo, deste xeito, outras posibilidades de colaboración coa entidade.

Podedes informarvos nesta ligazón do evento, https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/ares-en-marcha-contra-o-can...

Sociedade

Publica o teu comentario agora