Ares marchou contra o cancro

Ares marchou contra o cancro
29 de Xullo, 2025 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

Éxito abrumador na edición anual da Andaina Solidaria “Ares en marcha contra o cancro”,que tivo lugar o pasado domingo 27 de xullo no Concello de Ares promovida pola agrupación local da Asociación española contra o cancro, 

Así o valoraba a presidenta da delegación aresá da AELC, Mari Gelis Riveiros Ares, quen manifestaba o agradecemento da organización a todas as persoas que participaron na andaina, a máis exitosa de todas as edicións realizadas ata o momento, con case 300 participantes.  

Na xornada, pensada para recadar fondos para a entidade, podíase colaborar non só coa inscrición, senón tamén mercando os produtos publicitarios da Asociación e tamén neste apartado a convocatoria foi un éxito xa que esgotaron as existencias previstas en moitos dos produtos ofertados.

Un accesible percorrido de 6 km, no que se puido gozar dalgunha das zonas máis agradábel do concello como o paseo marítimo, Poellas ou as Praias de Centeas e Barrosa, facilitou a enorme afluencia de participantes.

A Agrupación local da AELC agradece o apoio do Concello de Ares, ás entidades colaboradoras e a participación da veciñanza, tanto de Ares e dos concellos veciños, que decidiron sumarse á convocatoria. 

Fotografía: Agrupación de Ares da AELC

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora