ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene reivindica os dereitos das mulleres con motivo do 8M con unha gran faixa colgada na fachada da Casa Consistorial. Confeccionárona un grupo de mulleres fenesas afeccionadas aos labores de gancho. Varias delas, Pepa López, Mari Luz Fernández, Marian Fernández e Carmen Vilariño pasaron por Radio Fene, acompañadas da concelleira de Igualdade, Sandra Permui.
Un acto moi vistoso que conmemora en Fene o Día da Muller foi o despregamento dunha vistosa faixa de gancho inspirada na figura da mariscadora obra de Bruno Lopes que ilustra o mes de marzo no almanaque do Concello.
“Concienciar”, é o que se pretende con esta labor artesanal explicou Pepa. “Unha forma de demostrar que facendo cousas sinxelas tamén se conseguen logros”, engadiu Mari Luz. “É moi colorista, como somos as mulleres”, apunta Marian. Carmen desvela que xa andan a traballar noutro proxecto, para o 25N.
Dez creativas mulleres que se fan chamar Argalleiras do Gancho. Contaron co apoio dun home nesta labor feita expresamente para o 8M. O resultado é tan fermoso como o foi a árbore coa que agasallaron a todos os feneses o pasado Nadal.
Sandra Permui agradeceu a súa implicación na reivindicación da igualdade, especialmente nun momento no que sufrimos un “rearme machista, sen medo, sen vergoña e cara adiante co feminismo e coa loita das mulleres”, manifestou a concelleira.
Publica o teu comentario agora