Ariadna Rocha: "Os ximnasios axudan á saúde física e psicolóxica"

Ariadna Rocha: "Os ximnasios axudan á saúde física e psicolóxica"
09 de Novembro, 2020 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

Ariadna Rocha é karateka profesional ademais de estudante de Ciencias do Deporte e da Actividade Física. A fenesa non está de acordo co peche dos ximnasios nin co seu tratamento como lugar de ocio. Provoca dificultades para a práctica de exercicio físico, e provoca intrusísimo laboral nun ámbito que require de moita formación.

ESCOITA O PODCAST:
Ariadna Rocha

Os ximnasios axudan á saúde física e psicolóxica, afirma a campioa do Open Internacional de Maia de 2018, Ariadna Rocha. Os dous factores son sempre moi importantes, pero máis cruciais nestes tempos de pandemia.

Fala, ademais, de que nos ximnasios as medidas de seguridade se respectan en todo momento xa que, a todos os usuarios lles interesa que estes centros deportivos sigan abertos. Pero non só por eles senón tamén pola sanidade. As rehabilitacións musculares ou as lumbalxias trátanse de forma habitual nos ximnasios.

Mais isto non é todo. Os adestradores “on-line” que se puxeron tan de moda durante o confinamento non son aptos. Como explica a karateka “hai que nin sequera ten os coñecementos necesarios para impartir esas clases”. Moitos son influencers e non profesionais do deporte, por iso apela á conciencia crítica da xente.

Ela, que comezou o karate como actividade extra escolar nun centro onde non había tatami agora non sabe vivir sen poñer o karategui. Fixo da paixón a profesión e é a viva imaxe de que o sacrificio e o traballo duro teñen recompensa.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora