A Armada neutraliza un proxectil na costa asturiana

A Armada neutraliza un proxectil na costa asturiana

25 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Mergulladores da Armada neutralizaron un antigo proxectil na costa de Xixón. O artefacto achado atopábase mergullado nunha poza a 1,5 metros de profundidade, situada ao pé dun cantil. O pasado xoves, 19 de abril, a Comandancia Naval de Xixón recibiu a noticia do achado do proxectil nos arredores de Xixón, na  zona costeira coñecida como “La Providencia”. A causa do difícil acceso á zona e da necesidade de operar en baixamar e con

Un hostaleiro da zona que frecuenta os cantís para practicar  pesca deportiva informou do obxecto atopado.
O persoal da Comandancia Naval aplicou os protocolos para este tipo de casos, e alertou ao Centro de Operacións e Vixilancia Marítima da Armada. O artefacto atopábase mergullado nunha poza a metro e medio de profundidade, ao pé dun cantil ao que só se pode acceder en períodos de baixamar, utilizando material de escalada. A causa do difícil acceso á zona e da necesidade de operar en baixamar e con ondas inferiores a un metro, fixouse a data da neutralización para onte, día 24 de abril.

Ao longo da mañá, os efectivos da Unidade de Mergullo de Ferrol recuperaron o proxectil de aproximadamente 40 kg e de 155 mm de calibre. O obús carecía de espoleta de oxiva ou culote.  Axentes da Garda Civil  e da Policía Nacional prestaron apoio á operación asegurando o perímetro da zona. O proxectil foi trasladado ao  campo de demolición de explosivos do Rexemento de Infantaría Lixeira 'Príncipe' Núm. 3 para levar a cabo o seu neutralización.

As Unidades de Mergullo da Armada  contan con persoal especialista en desactivación de artefactos explosivos, xa que é responsabilidade da Armada a desactivación de todos aqueles que se atoparon no litoral español.

Sociedade