Armadores e mariñeiros viaxan a Madrid para demandar a reapertura da faena

Armadores e mariñeiros viaxan a Madrid para demandar a reapertura da faena

10 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Amarrada nos peiraos. Así vai quedar a partir desta medianoite boa parte da flota de baixura galega, logo de que entre en vigor a veda da pescada para os barcos de artes menores decretada pola Unión Europea. A esta prohibición engadiráselle mañá a do lirio, especie vedada xunto coa cabala para o sector do arrastre nos caladoiros do Cantábrico Noroeste. As embarcacións galegas xa teñen vedada arestora a captura de nécora e dende f

O sector rexeita os informes nos que se apoia a Unión Europea para pechar os caladoiros e que teñen en conta, aseguran, os datos das flotas do Atlántico Norte pero non a realidade das augas galegas. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, tras reunirse co sector da baixura formulou unha posible solución para conter as perdas: solicitará a Bruxelas que se lle transfiran aos barcos as cotas de pescada asignadas para as modalidades de liña e cordel e que non foron esgotadas neste principio de ano. 

Quintana asegura que o sector pesqueiro galego "non quere vivir das subvencións, quere traballar e para iso precisa días de actividade suficientes". Para tentar evitar o amarre, a Xunta decidiu reabrir momentaneamente a captura de centola.

O sector pesqueiro galego agarda arestora pola decisión da Unión Europea verbo da solicitude de traspaso de 1.300 toneladas de lirio correspondentes á flota do Gran Sol para os barcos que faenan en augas do Cantábrico Noroeste, xa que os informes cos que conta a Xunta aseguran que este mar non padeceu o esgotamento dos caladoiro que hai máis ao Norte, e nos que traballan tamén flotas doutros países. Porén, Rosa Quintana revelou que a decisión non se tomará no Consellos de Ministros de Pesca da Unión fixado para o 17 de maio, e haberá que agardar ata xuño para coñecela.

Institucional