A arquitectura funcional do século XX reclama a atención debida

A arquitectura funcional do século XX reclama a atención debida

27 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Academia Galega de Belas Artes presenta hoxe ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, unha selección con trece edificios do movemento moderno para a súa consideración patrimonial. O acto celebrarase na súa sede da Coruña ás 20:00 hora. As trece arquitecturas elixidas son: o mercado de Santo Agostiño (1932), o poboado mineiro de Fontao (1954), a fábrica Cross (1954), o ed

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) presentará o luns, día 27, na súa sede da Coruña a “Selección de trece edificios galegos vinculados ao Movemento Moderno en Galicia para a súa consideración patrimonial”. O presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo, o vicepresidente da entidade e presidente da Fundación DoCoMoMo Ibérico, Celestino García Braña, e o conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, intervirán no acto oficial que comezará ás 20:00 horas.

Son "edificios sobresaíntes de Galicia nese período e teñen un valor cultural de primeira magnitude, igual que unha igrexa románica ou un pazo do s. XIX". Esta  selección levouna a cabo a Fundación DOCOMOMO Ibérico (Documentación e Conservación da Arquitectura e o Urbanismo do Movemento Moderno). A Fundación seleccionou 256 obras en toda España, das que  trece corresponden a Galicia. Por ese motivo a Academia de Belas Artes demanda a súa catalogación porque, como sinalaron na sesión mensual celebrada este fin de semana en Ourense,  “está decidida a xogar un papel relevante na arte e modernidade de Galicia”.

Cultura