ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC acollerá mañá venres, 22 de novembro, a partir das 11:00 horas, dúas novas conferencias no marco do ciclo Proxecto+Investigación 3, que se está a desenvolver nesta escola centrado en achegar os procesos de ideación e a análise das obras de dous dos arquitectos do século XX referentes no uso do método esencial: Luis Barragán e Alejandro de la Sota
Tras a presentación dos relatores, a xornada de mañá contará coa participación da arquitecta María Carreiro Otero, que analizará a partir das 11:30 horas os proxectos da Casa-Estudio de Tacubaya, de Barragán, e a Casa Arvesú, de De la Sota.
A continuación, a partir das 13:00 horas, o arquitecto Pedro de Llano disertará sobre o debuxo como ferramenta no proceso creativo de Alejandro de la Sota. A xornada rematará cun coloquio moderado por Paula Fernández-Gago.