ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O concello de As Pontes pon en marcha esta fin de semana os festexos en honra á Virxe do Carme. Os protagonistas da programación cultural serán principalmente o deporte e a música coral.
O venres arrincará unha nova edición do Maratón de Fútbol Sala Senior Festas do Carme na pista do Colexio Santa María. O sábado, dende as 16:00h a cancha dos Xardíns do campo da feira albergará os diferentes encontros do Torneo de Baloncesto 3x3, organizado polo Clube de Baloncesto As Pontes.
No ámbito da música o sábado as voces de ata catro formacións corais serán as que reclamen a atención de veciños e xiareiros deste estilo musical, na que será a XXVI mostra de Música Coral, e que terá como escenario o auditorio municipal Alovi. Actuarám tamén a partires das 20:00h a Agrupación Coral Endesa- As Pontes, o Coro de San Marcos,a Coral Polifónica Virxe do mar e a Polifónica coruñesa Canticorum.
Non podemos esquecer outras das citas propias destas datas: as celebracións litúrxicas, que arrancan este mismo venres coas misas da Novena.