ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O arrecendo a salitre e o son da construción de barcos impregnan o ambiente do feirón de Perlio. Sobre este tipo de mercados e sobre as vías de potenciación das prazas de abastos versará un coloquio este domingo na Asociación Veciñal de Perlio. Comezará as 11 da mañá coa participación da profesora da USC Mar Pérez Fra, do historiador Francisco Garcia e da bióloga de Eo Alimenta Eva López Quiroga. Disertarán tamén sobre a comercialización dos produtos de proximidade. Forma parte do proxecto Onda ODS, organizado polas Emisoras Municipais Galegas, Emisoras Municipales de Andalucía. RTV Cardedeu La Xarxa e a Rede de Medios Comunitarios. Contan coa acuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. A gravación do podcast coincide co feirón de Perlío que se celebra nesta parroquia de Fene todos os segundos e cuartos domingos de mes desde o ano 1992.

O proxecto Onda ODS O Futuro é Teu é a terceira fase dunha iniciativa colectiva dunha rede de medios de comunicación local que traballamos en todo o Estado. Falamos dunha rede de medios constituída por un total de 240 radios e TV locais cunha gran capilaridade e conexión co territorio e cos movementos sociais.
Emisoras Municipais Galegas está colaborando con entidades similares, asociacións de emisoras de radio local, para utilizar a radio máis cercana á poboación para divulgar a necesidade de coidar o planeta, loitar por unha alimentación sostible, a igualdade de xénero e contra a pobreza. Este é o terceiro proxecto que desenvolve conxuntamente coa Asociación de Emisoras Municipais e Comunitarias de Andalucía de Radio e TV, a Rede de Medios Comunitarios, así como a rede catalá A Xarxa a través de RTV Cardedeu, entidades coas que acadamos unha audiencia estimada de 2.51 millóns de persoas.
Onda ODS O Futuro é Teu conta con varios eixos de acción, un deles consiste na “Implementación de 16 coloquios radiofónicos públicos acerca da Axenda 2030”. Así EMUGA organiza 4 coloquios en distintos concellos de Galicia, cada un contando coa participación de persoas expertas na temática identificada para cada localidade. Cada evento realizase en formato podcast, emitido para os oíntes das 4 redes, moderado por unha xornalista do medio da localidade e realizado en público. A partir deste faladoiro entre persoas expertas desenvolvese un coloquio no que participa de forma aberta o publico asistente, xerándose así unha dinámica de participación colectiva sobre o tema. O resultado deste faladoiro e coloquio retransmitirase por radio convencional pero tamén resultará nun podcast que quedará aloxado tanto na web do proxecto ondaods.org como na canle de Youtube e nas RRSS coas que conta o proxecto. Ás persoas expertas participantes no coloquio se lle realizan entrevistas en vídeo para logo difundir a través das redes e da radio.
Imaxe do feirón de Perlío. Xuño 2025
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora