ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A cidade das Burgas convértese desde hoxe na capital galega do cómic grazas á celebración das XXII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Prolongaranse ata o17 deste mes de outubro e contarán con oito exposicións, cinco delas individuais e unha serie de actividades paralelas con proxección de películas, encontro cos autores ou entrega de premios. Pablo Auladell, Clara Tanit-Arqué, Manuel Bartual, Joao Fa
Como estamos en ano Xacobeo, unha das mostras colectivas das Xornadas leva por título “Un camiño de viñetas”. Nela, 17 ilustradores galegos dan a súa visión sobre o Camiño de Santiago.
O programa acolle tamén o 15 de outubro a entrega de premios do concurso convocado pola Dirección Xeral de Mocidade e Voluntariado, Xuventude Crea 2010 e o Premio Ourense de Banda Deseñada que este ano foi parar á revista Retranca que dirixe Kiko da Silva.
Igualmente, haberá oco para a banda deseñada no cinema coa proxección das películas Gainsbourg. Vida dun heroe, de Joan Sfar e a recente produción española María e eu sobre o cómic de Miguel Gallardo.