Arrinca en Boiro un curso de axente comercial dentro do (AFD) 2010

Arrinca en Boiro un curso de axente comercial dentro do (AFD) 2010

14 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Departamento de Emprego do Concello de Boiro inaugurou esta mañá, na Casa da Cultura Ramón Martínez López, Parque da Cachada de Boiro, o curso de Axente Comercial, pertencente ás Accións Formativas para Desempregados 2010 (AFD) da Consellería de Traballo e Benestar, cunha duración de 454 horas, en horario de 9.00a 14.00 horas, de luns a venres, coa previsión de remate para o día 21 de outubro de 2010.

A Dirección Xeral de Formación e Colocación, partindo dun informe dos saldos netos máis destacados en cada comarca e para cada especialidade formativa da Formación Profesional Ocupacional, seleccionou as especialidades formativas que tiñan ocupacións relacionadas con maior número de contratos que de demandas de emprego, aquelas nas que o movemento do mercado laboral permite colocar a máis persoas das que demandan esa ocupación. En segundo lugar, engadíronse as especialidades nas que se observou que un número importante de alumnos se inserían en ocupacións relacionadas directamente cos cursos realizados (inserción neta), incluíndo así o curso dAxente Comercial na listaxe daquelas accións formativas consideradas prioritarias para a Comarca do Barbanza.

Con este curso, os 15 participantes poderán acadar os coñecementos necesarios para promover, negociar e concretar operacións mercantís, en nome e por conta dunha ou varias empresas, calquera que sexan as características contractuais con que realice o seu cometido. Levar a xestión administrativo-contable pertinente de acordo coa lexislación vixente.

Sociedade