Arrinca o concurso de Onda ODS

Arrinca o concurso de Onda ODS
22 de Abril, 2025 - 09:25 h. | Publicada por Radiofusión

Esta mañá emitiuse na programación de Radiofusión a primeira das semifinais do concurso sobre ODS e Axenda 2030 que se realiza simultaneamente en Galicia, Andalucía, Catalunya e na comunidade autónoma de Madrid. Os estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de catro centros galegos protagonizan a primeira edición dun concurso que pretende transformar a educación en materia de sustentabilidade nunha experiencia interactiva, divertida e emocionante aproveitando o alcance e a influencia da radio local en todo o Estado.

ESCOITA O PODCAST:

Concurso sobre o cambio climático coa participación de representantes do IES de Fene e do Instituto Manuel Garcia Barros da Estrada:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/220425CONCURSO.mp3

Este concurso preséntase como a actividade central do proxecto “ONDA ODS O Futuro é Teu” formulado pola Asociación de Emisoras Municipais e Comunitarias de Andalucía de Radio e TV (EMA-RTV) en colaboración con RTV Cardedeu, a Asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA) e a Rede de Medios comunitarios (ReMC).

 

A representación dos centros galegos neste concurso está representada polos Institutos Manuel García Barros de A Estrada – en Pontevedra, o IES Perdouro de Burela – en Lugo-, o IES Antón Losada Diéguez tamén da Estrada e o IES de Fene, da Coruña.

 

Os cruces entre estes equipos que comenzaron nesta mañá do martes 22, co enfrontamento do IES Manuel García Barros e o IES de Fene, e continuará o na segunda semifinal entre o IES Perdouro de Burela e o Antón Losada da Estrada o venres 2 de maio. A final entre os equipos gañadores destes cruces dará a coñecer ao equipo que representará a Galicia na fase estatal do concurso, onde se medirán con centros de Catalunya, Andalucía e a Comunidade de Madrid.

 

O centro de ensino que acadará o título nesta primeira edición do concurso “Onda ODS – O Futuro é Teu” dirimirase na final estatal que se poderá escoitar nas radios locais o día 13 de maio.

Sociedade

Publica o teu comentario agora