ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Logo da grande aceptación do ano pasado, onde foron un total de 17 os traballos presentados, a asociación Millo Verde convoca unha nova edición deste concurso no que poden participar tódolos grupos ou solistas con residencia en Galicia e Portugal que non teñan disco editado. O prazo de inscrición está xa aberto e finalizará o 15 de marzo.
Todo o material deberá ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona no enderezo: Isidoro Queimaliños, 24 C.P. 36800 Redondela (Pontevedra). A atención do Concurso de maquetas Millo Verde 2009.
De tódolos traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar a finais de abril. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa-concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org.
Apuntar tamén que é imprescindible ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo, e que o gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde 2009, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de xuño, percibindo ademais 300 € como contrapartida pola súa participación. O prazo de inscrición remata o 15 de marzo.