Arrincan as charlas micolóxicas

Arrincan as charlas micolóxicas

17 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Os amantes da micoloxía teñen esta semana unha cita en Negreira coas conferencias organizadas pola Asociación Micolóxica Sendeiriña, do Val de Barcala. As charlas desenvolveranse na Casa da Cultura nicrariense a partir de hoxe mércores ata pasado mañá venres. Unha interesante oferta para os interesados no mundo dos cogomelos e a micoloxía, enmarcada no programa do II Outono Micolóxico do concello.

A primeira das charlas corre hoxe (20.30 horas) a cargo de Alexis López Pena, enxeñeiro técnico agrícola quen falará sobre as principais especies comestibles que se crían no Val de Barcala.

Na xornada de mañá, tamén á mesma hora, será o turno para Puri Lorenzo que falará sobre os boletais. O venres, ás nove da noite, J. M. Castro Marcote pechará este ciclo cunha charla sobre o xénero amanita.

Sociedade