Arrincan os actos do 8 de marzo en Ferrol

Arrincan os actos do 8 de marzo en Ferrol

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Traballar pola igualdade sen descanso”. É o reto principal que a concelleira da Muller de Ferrol se marca diante da conmemoración do vindeiro 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Na inauguración da I Mostra Creativa do Movemento Asociativo, Beatriz Sestayo declarou a Radiofusión que con esta actividade o que se pretende é poñer en valor “esa parte do traballo das mulleres que tanto ten aportado á sociedade pero que nin foi v

A I Mostra das Mulleres Creativas é unha exposición colectiva na que participan cinco sociedades do concello de Ferrol: as asociacións de mulleres rurais de Doniños e Esmelle, as Amas de Casa, a Asociación de Viuvas e máis “Amistad”, de Santa Mariña.  A mostra, instalada na Casa da Muller, recolle distintos traballos realizados ao abeiro do programa Mulleres en Relación  e inclúe todo tipo de labores en bordado, patchwork e bolillos pero tamén manualidades, pintura en tea e, incluso, bonecas.  A idea é, segundo Beatriz Sestayo, amosar “o que as mulleres somos capaces de facer, reflectindo dalgún xeito esa creatividade propia da identidade feminina” 

Con esta exposición, que se poderá visitar ate finais do mes de marzo, arrincan as actividades artelladas polo Concello de Ferrol para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Un programa que este ano incluirá charlas, mesas redondas e mesmo a entrega o vindeiro domingo, no marco dunha gala que se celebrará no Jofre, do primeiro Permio Oito de Marzo, un galardón co que se pretende “destacar o importante papel das mulleres na sociedade”.

Institucional