Arriscaron

Perlío 1- As Pontes 2
07 de Maio, 2019 - 10:13 h. | Publicada por Radio Fene

O CCRD Perlío intentouno ata o final. Xogará o último encontro de Copa no campo da Gándara co Eume Deportivo.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlio feminino non pode optar á Copa despois de caer derrotado pola mínima no encontro con As Pontes. Estivo nun tris, arriscou, pero non foi posible. Perlío 1- As Pontes 2 quedou o marcador dos Pinares na penúltima xornada da competición. As Pontes adiantouse por sorpresa. O Perlío lanzouse a polo empate que chegou nunha xogada co gol en propia meta das pontesas. Tras o descanso a consigna foi arriscar porque non había outra para seguir vivas na competición. As rapazas arriscaron e a punto de conseguilo estiveron, pero un gol de As Pontes, a dous minutos do final, estragou as ilusións das fenesas.

Na última xornada o Perlio feminino visita ao Eume no campo da Gándara eumesa, con toda probabilidade, o domingo 12. O técnico Juanjo Lorenzo afirma que van preparar este encontro como se seguiran aspirando a algo. Acabar xogando ben é un orgullo para as propias xogadoras e para a afección. A temprada rematará oficialmente este dia pero o Perlio ten máis compromisos ao longo do mes de xuño, entre torneos de verán, a copa AFACO e o partido a prol da integración das persoas con distintas capacidades, que xogarán seguramente a finais deste mes.

Deportes

Publica o teu comentario agora