ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A tecnoloxía é un aliado imprescindible para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. En concreto, pode contribuír a reducir a pobreza e a fame ou crear novos postos de traballo, entre outros beneficios, e o seu impacto xa se pode observar no seu apoio ao acceso democratizado e descentralizado á enerxía, as finanzas e a educación e, por suposto, ao acceso á cultura. Neste episodio de Onda Ods O Futuro é Teu imos coñecer unha proposta innovadora, que une a tecnoloxía coa arte, ou máis especificamente con facilitar a quen visita un museo o desfrute e coñecemento da arte. Trátase do proxecto ArtLens, unha aplicación desenvolvida por Alejandro Dopico Castro, Mario Casado Díez, alumnos do Master en Intelixencia Artificial da UDC e Antón Canzobre Martínez, graduado en informática pola Universidade de Vigo, benvidos. A súa proposta ten sido unha das premiadas dentro deste Hackathon co recoñecemento Noasystems.
Por iso a proposta de Nacións Unidas para os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ten introducido a tecnoloxía como un elemento fundamental dentro dos 17 ODS plantexados en 2015.
Este é o caso do ODS 9 – Industria, Innovación e infraestructuras pon o foco na necesidade de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías a toda a poboación. Para iso a colaboración entre os distintos actores sociais é imprescindible, tecer alianzas e redes para acadar obxectivos, e iso, na ciencia tamén ocorre. A colaboración para o desenvolvemento da innovación tecnolóxica non é unha entelequia nin un soño romántico, dentro dos campos científicos a cooperación para resolver retos ten espazo.
A Universidade da Coruña (UDC) realiza eventos Hacktathon, nos que empresas e programadores resolven retos formulados polas primeiras. Un destes eventos, o HackUDC 2025, o maior hackathon de Galicia, ten sido organizado polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux da Facultade de Informática da UDC, reuniu a 304 estudantes procedentes de cinco países e 75 localidades, que competiron durante tres días resolvendo retos formulados por empresas líderes do sector.
Os retos plantexados teñen presentado solucións para temas relacionados coa intelixencia artificial, a ciberseguridade, a computación na nube e o desenvolvemento de aplicacións innovadoras.
Publica o teu comentario agora