Arte contra machismo

Arte contra machismo
10 de Outubro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene acolle neste mes de outubro unha exposición fotográfica da que son autoras mulleres vítimas de violencia de xénero. Informou sobre esta actividade en Radio Fene Genoveva Sayago, psicóloga na área de Igualdade dos Servizos Sociais municipais.

ESCOITA O PODCAST:

Ata o próximo día 21 de outubro exhíbense no Salón de Actos do Concello quince fotografías que versionan obras clásicas da historia da arte. “Express-Arte: 15 visións” mostra as fotografías creadas por mulleres que participaron nun programa de integración e inserción laboral destinado a vítimas da violencia machista. O Concello de Fene forma parte da Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero, un problema social que, lamentablemente, vai a máis. Tamén se dan casos de violencia machista entre a poboación máis nova, aínda que apenas se rexistran casos de mozas que piden axuda na área de Igualdade dos Servizos Sociais. A exposición da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta chega a Fene da man da Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero na que participan concellos como Fene e a FEGAMP.

Institucional

Publica o teu comentario agora