A arte do século das luces na Fundación Barrié

A arte do século das luces na Fundación Barrié

06 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A identidade da pintura non reside na beleza, senón na liberdade. Esa é a idea dos teóricos de finais do século XVIII. Con ela crearán as bases da revolucionaria arte da nosa época, unha arte sen restriccións nen límites, sen cánones e sen un significado explícito.

O catedrático de Historia da Arte Francisco Calvo Serraller pronunciará unha conferencia na Coruña sobre Os fundamentos da arte da época contemporánea. Inaugurará un ciclo sobre “A arte do século das Luces, As fontes da arte contemporánea a través do Museo do Prado”. O ciclo organizado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza desenvolveráse na Coruña e en Vigo. Ademáis de Calvo Serraller, impartirán conferencias o xefe do departamento de Historia do Arte do Trinity College de Dublin Peter Cherry, e o profesor de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid Miguel Angel Elvira.

 

Xa en xaneiro do 2010, pronunciarán conferencias en Vigo os conservadores do Museo do Prado Andrés Úbeda de los Cobos, José Luís Díez e Manuela Mena, ademais do conservador do Patrimonio Nacional no Real Sitio de Aranjuez Javier Jordán. O ciclo de charlas sobre a pintura comezará o xoves 15 de outubro na Fundación Barrié na Coruña (Cantón Grande, 9. Tfno 981 060095) coa participación de Calvo Serraller.

Sociedade