Arte e gatos que estoupan

Arte e gatos que estoupan
15 de Xaneiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O xogo Exploding Kittens e o libro de arte Lovecraft. Chants for the old ones son as dúas novidades que presentou esta semana en Radio Fene Juanma Sánchez, da tenda Cáprica.

ESCOITA O PODCAST:

Exploding Kittens. Superfan é un xogo de cartas rápido e divertido, ideal para grupos amantes dos gatos e explosións. “Comezou como xogo de caixa pequena pero tivo tanto éxito que se converteu nun clásico e sacaron esta edición definitiva”, indica Juanma Sánchez con varias expansións reunidas nunha caixa.

Lovecraft. Chants for the old ones é un libro de arte bilingüe en inglés e castelán do ilustrador David G. Forés. Reúne bocetos de ilustracións que fixo  para un xogo de mesa do mesmo nome. “Se es afeccioado a Lovecraft vaiche interesar”, apuntou.

Sociedade

Publica o teu comentario agora