Arte e xogos

Arte e xogos
21 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene



Súmase á efervescencia artística que vive Fene. Ademais de xogos e novela gráfica, a Cáprica introduce novidades relacionadas co mundo da arte que nos presentou Juanma Sánchez. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Deixándonos arrastrar polo que hai en Fene, co Perla Mural Fest, Laudas Calamity e o Museo do Humor”, así suman novidades na tenda Cáprica. Art Play e Haz Arte son as dúas obras presentadas por Juanma Sánchez.  Dous libros para introducirse no mundo da Arte e as manualidades. Destinadas a todos os públicos. 

Cáprica tamén representará a Fene no I Artabrian Weekend de Ferrol que se celebra esta fin de semana, do venres ao domingo, no Pazo do Monte. Un evento que reunirá a uns douscentos xogadores de Magic de distintos lugares de España e de outros países organizado por Artabrian Nights.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora