A arte entra no laboratorio

A arte entra no laboratorio

03 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O laboratorio de creación artística “Laudas Calamity” ábrese en Fene- A Coruña- dende este venres día 4. O local ubicado na Avenida As Pías, nº15, atende tres frentes de traballo. O primeiro, a venda de artesanía de Galiza (xoias, madeira...) O segundo, un estudo de deseño gráfico e audiovisual. O seu terceiro cometido será como laboratorio de arte, impartindo clases de educación artística.

Laura Bouza é a súa promotora, unha rapaza que ten detrás unha extensa formación académica nestes eidos e que comezou cos estudos de deseño de xoias en Santiago de Compostela. Hoxe véndense pezas súas en tendas de Ferrol e Pontevedra. Doctorouse en Belas Artes e realizou a beca Erasmus en Porto Alegre (Portugal) en Ilustración. Ten un Master en Libro Ilustrado e Audiovisual que completou cos estudos de Arte Contemporánea. Ten aparcada de momento a súa Tese de Doutoramento.
 
En Laudas Calamity impartirase educación artística para todas as idades. Debuxo, pintura, artesanía, deseño... Todo tipo de actividades culturais relacionadas coas artes plásticas e o mundo audiovisual. Os prezos das clases son moi competitivos.

Inauguración, venres 4 de setembro

O dia da inauguración impartiránse talleres de balde durante todo o día, a partir dos catro anos de idade. Só é necesario inscribirse neles pois as prazas son limitadas, no teléfono 691911047 ou no correo electrónico “laudascalamity@gmail.com.

O venres ás 10,30 comezará o taller “A aventura de imaxinar” . Sobre as 12,15 o taller “Ollar Caleidoscópico”. Xa pola tarde, ás 16,30 “A vida animada” e ás 18 h “Maquillaxe infantil con photocall”. Todos eles dirixidos por Laura Bouza ou Raquel Mariño. Ás 20h chegará o momento “ piscolabis”  e todo acabará con música pinchada por Rebeca de Pinsapo.

Sociedade