ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Muralistas de sona internacional están a piques de rematar os seus traballos no Perla mural fest. Hugo Lomas "Sfhir" de Madrid e Cristobal Persona de Chile finalizan as súas obras de arte xigante en distintos puntos do núcleo urbano de Fene. Un problema de saúde retrasou a prevista chegada de Leticia Mandrágora, de Italia. Finalmente chegará a Fene o vindeiro luns cando comezará a pintar o seu mural na Praza da escola de Perlío. Ademais de arte, o Perla mural fest tamén ten apartado musical.
Onte venres houbo moita animación nos concertos do Perla mural fest. A música soará no campo da festa de Perlío tamén este sábado, con Tonhito de Poi (21.30h), Rubén Pozo (23.15h), Biela (00.45h), Galician Army (02.00h), pechando DJR4tibrón (03.30h). O festival tamén ofrece sesións vermú durante a fin de semana, con actuacións nesta xornada de sábado de Los Hombres de Diego (12.30h) e Badulaque (14.00h).
O muralista de Madrid Hugo Lomas “Sfhir” gañou o premio do mellor mural do mundo de 2023 na plataforma https://streetartcities.com/ pola súa obra "A violonchelista de Fene". Fene logrou moita visibilidade grazas ao premio, logrando unha primeira plana no xornal El Pais (o de maior tirada do estado) e aparecendo nunha reportaxe no Telediario da TVE 1. A través das redes sociais, a organización estima que a práctica totalidade da poboación de Galicia enterouse da noticia.
Mural de Hugo Lomas "Sfhir" ao pé da igrexa de Fene
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora