Arte para comer

Arte para comer

07 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Arte para comer ou a pintura máis solidaria. Perto de 40 artistas galegos expoñen a súa obra no local de ARGA, no marco dun mercadillo a beneficio da Cociña Económica da Coruña. Óleos, acuarelas, témperas e debuxos intégranse nunha iniciativa para todos os públicos. Pódense adquirir obras de arte con prezos que oscilan entre os corenta e os catrocentos euros.

“Hai moita xente moi boa e moi solidaria” afirmou o presidente da Cociña Económica Alberto Martí, no acto de inauguración da exposición. Agradeceu tamén a solidaridade de ARGA, con esta iniciativa. Nos comedores para xente necesitada servían hai uns anos arredor de catrocentas comidas diarias. Hoxe esa cifra multiplicouse por catro.

A mostra de ARGA permanecerá aberta ata finais deste mes de agosto na rúa San Andrés, 28 baixo da Coruña. Parte dos beneficios que se obteñan neste mercadillo ou supermercado da arte irán destinados á Cociña Económica. Expoñen obra Susana de Artaza, Miguel Camarero, Francis Morrouch, Ramón Astray, Felix Diaz, Rosa Guisán, Pedro Bueno, Pilar Fandiño, Bejo Tojo, Novais, Maria Piensos, Javier Garaizábal, Carlota Bueno, Roi Alonso, Manuel Gandullo, Vanesa Lodeiro, Teresa Candal, Anxela Pérez Meilán, Carmucha Vázquez Prats, Emilio Celeiro, Marité Faginas, Fernando López Rivera, Angeles Jorreto, Nuria Vilanova, Nito Pereiro, Tino Poza, Enrique Castro, Paco Ascón, Carlos Pereira, Inma Doval, Maria Leal, Nito Davila e Lola Beade.

Sociedade