ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O sector dos oficios artesáns emprega a unhas 5.000 persoas en Galicia. Antes dos festexos dos Días Europeos da Artesanía, que se desenvolveron esta pasada fin de semana, o Consello da Xunta presentaba o primeiro Plan de Artesanía de Galicia, un documento co que o Goberno marca unha folla de ruta para a promoción destas actividades e que contempla unha serie de actuacións no trienio que vai ata 2016 para aumentar o peso econ
O Goberno investirá 5 millóns de euros nun plan concibido para o trienio que vai até 2016 e que inclúe 82 accións. Estas “teñen tres grandes eixos: o comercial; o relacionado coa formación; e a innovación e o deseño”, destaca o poratvoz da AGA. Segundo González, “comercial e formación xa son accións que se estaban desenvolvendo e se pretenden reforzar para manter asistencia técnica ao sector; mais para a innovación, aínda que estaba na vontade e na filosofía da Lei de Artesanía, non se investira suficiente esforzo nos últimos anos”. Agora dedícaselle “un terzo” do diñeiro consignado no plan que servirá, agarda a AGA, para “desenvolver programas e accíons con novos materiais que poden ser moi chamativos”.
Entre outros aspectos, o Plan recoñece a figura honorífica do Maestro Artesán, que “xa estaba creada na lei”, recorda Manuel González, pero que agora se revisa. “É vontade de todos os actores que esta cualificación se outorgue de xeito honorífico a unha carreira profesional consolidade de moitos artesáns que levan 30 ou 40 anos traballando”, precisa o presidente dos artesáns. O recoñecemento acaeríalle ben ao Obradoiro Seivane, que vén de lograr o Premio Nacional de Artesanía tras décadas de traballo na produción de gaitas e instrumentos musicais. Para o sector foi “unha alegría”, festexa González.