Artesanía de quilómetro cero

Artesanía de quilómetro cero
15 de Setembro, 2026 - 01:02 h. | Publicada por Radio Fene

O Cantón de Cora en Mugardos acollerá este sábado 19 de setembro unha iniciativa pioneira que busca visibilizar o talento local e despedir o verán poñendo en valor o produto de proximidade.A idea xurdiu dunha conversa informal entre as persoas responsables de dous negocios, Jesús Sixto "Chus" (do chiringuito Honolulú) Álvaro Muñoz e Laura Auz (da libraría Lendas do Gato). "Apetecíalle facer algo para finalizar o verán, pero que fose moi do pobo", explican as organizadoras.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Laura Auz da libraria As Lendas do Gato e Jesús Sixto "Chus" do chiringuito Honolulú:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/150926AUZ.mp3

Fotografia Xan Xe

O proxecto, que inicialmente planeaba abrirse a toda a comarca por medo a non atopar participantes suficientes, rematou pechándose exclusivamente a nivel local ante a sorprendente cantidade de creadores que residen no municipio. "Démonos conta de que había moita xente que fai moitas cousas e que incluso nós o descoñeciamos; non sabiamos que o noso veciño facía ese tipo de artesanía".A feira contará cunha gran variedade de postos e disciplinas artísticas. As persoas que se acheguen ao Cantón poderán gozar de:

Artesanía téxtil, tanto pezas cosidas como tecidas.
Artes plásticas, con exposicións de pintura e debuxos a carboncillo.
Composicións florais con flores desecadas e esculturas orixinais feitas con macetas.
Presentación do libro "Oto o xigante comenubes" do grupo de teatro musical 2Plicas que completará a programación cultural da xornada a partir da unha do mediodía.

As organizadoras amósanse moi ilusionadas con este estreo e convidan a cidadanía a apoiar o comercio e a creación local nesta cita coa artesanía máis próxima. Para facer "a previa", o venres ás oito da tarde o actor Pepo Suevos contará contos na terraza do Honolulú, no peirao mugardés.

 

Imaxe de Laura e Álvaro na Libraría As lendas do gato

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora