ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A praza do concello de Fene volverá ocuparse o próximo domingo 21 de xuño por unha boa causa, coa feira de Artesanía Solidaria que organiza Cáritas parroquial de Fene. Os postos permanecerán alí dende as dez da mañá ata as oito da tarde. Colaboran os establecementos da zona e haberá sorteos durante todo o día.
A voluntaria de Cáritas-Fene, Isabel Senín, explica que a maioría serán postos de artesanía pero tamén de productos de alimentación. Un total de 36 postos con roupa de bebé, pulseiras, bolsos e todo tipo de artesanía.
Os artesáns colaboran con Cáritas coa doación de alimentos non perecedeiros. Senín agradeceu a colaboración de moitas casas comerciais coa feira, na que se celebrarán sorteos ás 10,30 da mañá e ás 6 da tarde, con rifas a cincuenta céntimos. A Academia Fusión de Fene fará unha exhibición de baile na praza, ás cinco da tarde.
Corenta familias reciben na actualidade alimentos, roupa e mobles de Cáritas de Fene. A entidade iniciou no mes de maio unha nova campaña de recollida de alimentos e de donativos porque escaseaban os fondos.