A artesanía, unha proposta para o desenvolvemento local

A artesanía, unha proposta para o desenvolvemento local
01 de Novembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe queremos plantexarvos, este episodio de “Empeza por ti”, a necesidade de apoiar as iniciativas emprendedoras de proximidade; respaldando a economía das pequenas localidades contribuímos e comprometérmonos co fin da pobreza, colaborando na consolidación de proxectos con futuro nas pequenas localidades. 

ESCOITA O PODCAST:

Porque erradicar a pobreza para todas as persoas en todo o mundo para 2030 é un obxectivo fundamental da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible. A pobreza ten moitas dimensións, pero entre as súas causas atópanse o desemprego, a exclusión social e as debilidades sociais de certas poboacións con menos posibilidades que lles impiden levar unha vida en plenitude.

Para saír do desempre-go e poder seguir a vivir nas súas localidades, moitas persoas optan polo emprendemento. Por exemplo, as Lolas da Cascarilla son tres mulleres de San Sadurniño que traballan a folla de millo. Con este material, ben utilizado de antigo e esquecido hoxendía, eles téñeno recuperado para facer bonecas, tallarolas, pe-zas de madeira con frases, broches e outro tipo de traballos por encargo. Neste episodio, Lucía Rios cóntanos en que consiste este traballo artesanal que realizan utilizando un material que adoita ser un refugallo e que elas transforman en pezas artesanais personalizables moi aprezadas pola súa clientela. 

Se estás a preguntarte porque debemos preocuparnos pola situación económica doutras persoas, realmente razóns hai moitas, pero, basicamente, porque como seres humanos, o noso benestar está ligado ao dos demais e o feito de mercar produtos de proximidade contribuirá ao desenvolvemento económico e as posibilidades de futuro da nosa propia contorna.

E é que o desenvolvemento das colectividades nas que vivimos é vital para a cohesión social e a igualdade de oportunidades sexa cal sexa o teu lugar de residencia.

Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.

Imaxe: As Lolas da Cascarilla. Facebook

Sociedade

Publica o teu comentario agora