ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Cantar, facer palmas, bailar, rir e asombrarse. Todo iso poderá facer o público que asista á estrea do espectáculo “Unha señora orquestra”. Na Casa da Cultura de Neda, ás oito da tarde.

Ailén Kendelman é unha artista total. No espectáculo “Unha señora orquestra” fai música, humor e canta. Por se fora pouco tamén toca varios instrumentos diferentes a un tempo. “Acciono diferentes instrumentos co meu corpo, por diante teño un acordeón e pola parte de atrás un bombo, unha caixa e un prato que vou activando con roldanas”, explicou Ailén en Radio Fene. Sobre a dificultade para coordinar tantas cousas á vez di que “estou acostumada a coordinar as miñas extremidades porque son percusionista, pero foi un reto”.
“Unha señora orquestra” estrease en Neda, na Casa da Cultura, ás oito da tarde. Antes houbo dous ensaios con público, en Vigo e Outes, con moi boa resposta “foron xeniais, o público moi entregado”, lembra Ailén.
Publica o teu comentario agora