Artistas de talla internacional

Artistas de talla internacional
01 de Agosto, 2025 - 03:08 h. | Publicada por Radio Fene

A arte urbana pode cambiar a cidade. O espazo pasa a ser de outra maneira. Os cidadáns que transitan, paren, reflexionan e poden cambiar o seu dia a dia, segundo indica o muralista de Lugo Diego As. 

ESCOITA O PODCAST:

Diego As  pinta no Camiño Inglés, Wedo Goás na rúa Rio Cádavo, 9 en Perlío e David Barrera na rúa Paralela a San Estevo, 11.  O festival Perla mural fest tamén trae a Fene concertos ao escenario ubicado fronte aos módulos de Perlío. O escenario principal acollerá ás nove desta noite a Sarria, dez e dez Grex, once e vinte O Funk-illo, unha da madrugada Sara Socas e dúas e vintecinco Hugo Guezeta. 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora