ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Capela da Madanela de Arzúa acolle estes días a mostra de traballos presentados no certame de artesanía do premio Antón Fraguas, que convoca a Deputación Provincial da Coruña, e que este ano cumpre a súa VIII edición. Un certame que aposta pola artesanía tanto tradicional como contemporánea.
A Exposición das obras, que estará en Arzúa ata o vindeiro domingo 21 de marzo, inclúe traballos de Julio Lado, María Teresa García, Antonio Ameneiros, David Moledo ou Marta Armada. Percorre, tal e como vén sendo habitual, distintos concellos da provincia e nesta ocasión, a exposición pódese ver en Arzúa, na Capela da Madanela, en horario de 6 a 8 da tarde. A propia Deputación da Coruña vén de anunciar a convocatoria dunha nova edición deste prestixioso premio de artesanía, ao que poden concorrer todos os artesáns que traballen no campo da artesanía galega, tradicional ou contemporánea, tanto a título particular como en colectivos de varios autores. O certame contará coas modalidades de artesanía tradicional e contemporánea, cun premio de 4500 euros en cada unha delas.