Arzúa adxudica proxectos de rehabilitación do patrimonio rural incluídos no Fondo Estatal

Arzúa adxudica proxectos de rehabilitación do patrimonio rural incluídos no Fondo Estatal

16 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Concello de Arzúa ten previsto acondicionar a fonte e lavadoiro dos lugares de Gramil, en Dombodán, e do Manedo, na parroquia de Oíns; tamén se adxudicaron os traballos para a recuperación da fonte do lugar de A Pena, na parroquia de A Castañeda, e da existente no lugar da Igrexa, en Viñós, onde tamén se acondicionará o lavadoiro. No local socia

Despois de facer pública, nos últimos días, a adxudicación dos traballos que permitirán recuperar a carballeira do campo da feira por un importe de 90.000 euros ou mesmo o acondicionamento do campo da festa do lugar de Preguntoño, na parroquia de Burres, por un total de 76.000 euros; dende o Goberno de Arzúa deron a coñecer esta mañá a adxudicación do resto das actuacións, que engloban un orzamento total de máis de 160.000 euros.

As actuacións sinaladas constitúen, en número, o grosso dos proxectos contemplados para a súa execución a través do fondo estatal de investimento local. Non obstante, está pendente de adxudicar o proxecto que implica o maior investimento de capital de entre os previstos; trátase da urbanización e dotación de servizos nas Rúas do Castro e Río Mera, ao carón dos centros escolares, no que se investirán 800.000 euros.

Sociedade